Acordar

Dende 1995. A nosa experiencia
Falando de internet a antigüidade é importante. Para nós significa experiencia, saber cómo afrontar as situacións, cómo comunicar. Os primeiros pasos démolos en 1995, a través de clientes que comezaban a traballar en rede mediante a "www".


De aí naceu www.iaga.com, o primeiro dominio privado galego rexistrado. Seis meses despois, iniciabamos a creación dun buscador de rexistros galegos, que se foi convertendo na primeira web de información e servicios no país: Vieiros. Comezaba a nosa práctica cunha técnica comunicativa nacente, o xornalismo electrónico.

Tamén en 1996 demos un paso moi importante para nós: a creación de contidos para terceiros. Ideabamos a primeira web institucional, galego.org, promovida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Este proxecto permitiunos ademais matinar no deseño e nas novas estratexias comunicativas, pero sobre todo na planificación e na disposición de contidos. Xa non pensabamos en estar, senón en usar a Rede. Con todos estes coñecementos, en maio de 2000 comeza a traxectoria propia de Acordar Comunicación en Internet, S.L.

O obxectivo é comunicar con rigor e calidade, sintetizando forma e contido, presentando correctamente a mensaxe. Ao longo da nosa experiencia en internet quedounos claro que o mundo da Rede é xente en comunicación e non só computadores, imaxes espectaculares ou frases publicitarias. Trátase do mellor espacio, e hai que usalo ben.

Por iso, Acordar pensouse dende o comezo coma un equipo de deseñadores, informáticos e xornalistas que levan anos traballando cos mesmos obxectivos: dar coa mellor actuación comunicativa para empresas e institucións.


  © Acordar